Contra a incautación por Madrid dos remanentes do Concello de Vigo

Contra a incautación por Madrid dos remanentes do Concello de Vigo

0 pessoa já assinou. Ajude a chegar a 200!
Com 200 assinaturas, é mais provável que essa petição seja recomendada a outras pessoas!

BNG Vigo criou este abaixo-assinado para pressionar Alcalde de Vigo e

Os remanentes e os excedentes orzamentarios (que proveñen dos recursos que non se gastaron durante o exercicio no que estaban presupostados) fican inmobilizados por causa dunha lei inxusta e centralista impulsada polo Partido Popular: a Lei de 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, coñecida como "Lei Montoro". Isto impide que as administracións locais, entre elas o Concello de Vigo, poidan facer usos deses recursos para atender en maior medida e con máis medios as necesidades da veciñanza.

A crise do coronavirus e os seus graves efectos sociais e económicos, fan inda máis necesario que os municipios poidan utilizar eses "aforros" para enfrontar esta nova realidade.

Despois de moitos anos demandando o desbloqueo deses recursos, agora o ministerio de Facenda do Goberno Español vén de propoñer que para que os concellos poidan utilizar (con condicións) entre 2020 e 2021 apenas o 35% dos seus remanentes, antes teñen que transferir a súa totalidade en forma de préstamo ao propio Estado. Desta maneira, Madrid pretende incautar o 65% dos remanentes dos concellos, entre eles os do Concello de Vigo (estimados en 67 millóns de euros), baixo a promesa de llos devolver nos seguintes 10 anos.

Todas as forzas políticas con representación no Concello de Vigo expresaron, de xeito unánime e reiterado, a súa demanda de que a administración local poida dispor libremente da totalidade dos seus "aforros". No entanto, agora, o alcalde Abel Caballero, en calidade de presidente da FEMP, antepoñendo os intereses do seu partido traizoa ese compromiso e pasou a defender a proposta-roubo do ministerio de Facenda.

Eses recursos, que son de todas as viguesas e vigueses, deben poder utilizarse sen ningún tipo de condicionalidade para que o Concello despregue as políticas que permitan atender as necesidades da cidade e da súa veciñanza. Con medidas como o impulso dun Plan de Protección Social a nivel municipal, que evite que os efectos da crise da Covid batan nas clases populares e traballadoras, ou a posta en marcha dunha Estratexia Local de Promoción Económica e do Emprego, que permita enfrontar as graves consecuencias a nivel laboral, comercial e produtivo, derivadas da pandemia.

Non podemos permitir que Madrid pretenda agora incautar o diñeiro da cidade precisamente cando máis falta fai!

Por todo isto:

1.- Esiximos do ministerio de Facenda que permita a utilización libre da totalidade dos remanentes e excedentes orzamentarios por parte da administración municipal para atender as necesidades da nosa cidade e enfrontar as consecuencias derivadas da crise do coronavirus.

2.- Instamos a Xunta de Galiza a solicitar do Goberno español a derrogación da Lei de 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira para permitir ás entidades locais atender as competencias propias con cargo aos remanentes e/ou superávit, así como ampliar a capacidade de endebedamento das Administracións locais para afrontar os ditos gastos.

3.- Reclamamos que a interlocución do Goberno do Estado cos concellos galegos se estabeleza a través da FEGAMP, entidade na que están representados a totalidade dos concellos galegos e as catro deputacións provinciais.

4.- Mandatamos que as e os representantes institucionais do Concello de Vigo, na FEMP ou na FEGAMP, defendan esta posición.

0 pessoa já assinou. Ajude a chegar a 200!
Com 200 assinaturas, é mais provável que essa petição seja recomendada a outras pessoas!