Petition Closed

Porque os partidos que xogou a selección galega entre 2005 e 2009 converteranse en auténticas festas do deporte galego, e dos galegos en xeral.

Declaracións de xogadores galegos:

"É unha pena que xa non exista porque era unha forma de representar a Galicia. Falamolo varios xogadores galegos e pensamos que sería bo que non a quitaran". Iago Aspas.

"Creo que é un partido que lle gusta a todo o mundo. Aínda que sempre se xogaba en datas complicadas, eu estou encantado de representar a Galicia". Roberto Lago.

"É unha cita moi especial para todos, pero eu creo que aínda o é máis para os xogadores galegos que, coma min, estamos en equipos de fóra da nosa terra. Era a excusa perfecta para que nos xuntasemos tódolos futbolistas galegos". Iago Bouzón.

"É que era un partido entrañable e eu nunca participei". Iván Pérez.

Letter to
Secretaría Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa
Presidente da Federación Galega de Fútbol José García Liñares
Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia
Asunto: Selección Galega de Fútbol.

Veño de firmar unha petición para que a Selección Galega de Fútbol volva xogar partidos amigables como fixera entre os anos 2005 e 2008, xa que creo que eran partidos que non molestaban a ninguén senón que gustaban a todo o mundo e conformaban un orgullo para tódolos galegos.

A Selección Galega de Fútbol representa a todos os galegos e todas as galegas sen importares a súa condición, clase ou ideoloxía.

Os partidos das Seleccións masculina e femenina representaban o bo estado do futbol galego, e do deporte galego en xeral, e supuñan un escaparate de ouro para os nosos e as nosas futbolistas. Ditos futbolistas están claramente a favor como pode comprobar nas declaracións recollidas nesta petición.

Aínda que coa actual crise ecónomica a Administración non pode permitirse excesivos gastos, o diñeiro para estes partidos saía dos patrocinadores, e os partidos da Selección Galega sempre gozaron de grandes audiencias.

Sen máis despido cun cordial saúdo e coa esperanza de que se involucre para tentar resolver este problema.