Pare as obras de ampliación da estrada LU-231 (Friol - Palas)

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5.000!

Analia Moares
Analia Moares ha firmado esta petición

A ampliación lateral da estrada Friol-Palas é innecesaria, porque a estrada non tén tráfico. Basta con asfaltala correctamente, e aforraremos o 90% dos seis millóns de euros previstos, que podemos investir no Patrimonio Galego.

As obras, a punto de comezar, arrasarían centos de árbores autóctonas, en plena Reserva da Biosfera. Pero tamén está previsto derrubar quilómetros de muros de pedra "a xunta seca" (Patrimonio da Humanidade). Unha obra agresiva

Presentamos Alegacións cando o Proxecto foi exposto ao público, pero a Axencia Galega de Infraestruturas non as resolveu, como lle indica a lei de procedemento administrativo. Achegamos informe de enxeñeiro de camiños que demostra que tralas obras haberá accidentes na estrada, que hoxe non hai.

Fixemos o percorrido pola estrada para comprobar que non tén tráfico, polo que non é necesario ampliala.

Se queremos fortalecer o orgullo galego, fixar poboación no rural e atraer visitantes á nosa terra, debemos preservar o Patrimonio Cultural e Natural, non arrasalo.

Pedímoslle que paralice esas obras da AXI e que se limiten a asfaltala, que o firme está en mal estado.