Victory

ESIXIR DE INMEDIATO AS PRESTACIÓNS/ SERVIZOS RECOÑECIDOS

This petition made change with 30 supporters!


Ante o FLAGRANTE INCUMPRIMENTO pola Xunta de Galicia da LEI de DEPENDENCIA, unhas 25.000 persoas CON GRAO DE DEPENDENCIA RECOÑECIDO, SEGUEN SEN ATENCIÓN, á espera , valéndose como malamente poden. Moit@s morrendo antes de recibiren as prestacións e/ou servizos aos que teñen dereito e polos que tod@s pagamos. A partir da Resolución de Recoñecemento de Dependencia, a Administración conta con 3 meses para elaborar o Programa Individual de Atención, "que será iniciado de oficio polo Equipo de valoración da dependencia da área correspondente e no que se determinarán as modalidades de intervención máis axeitadas ás necesidades do beneficiario/a de entre os servicios e prestacións previstos" A Administración da XUNTA DE GALICIA está a INCUMPRIR A LEXISLACIÓN VIXENTE E VULNERANDO OS DEREITOS D@S CIDADÁNS MÁIS NECESITADOS E INDEFENSOS E AS SÚAS FAMILIAS. Ten 3 meses por lei, e hai máis de 1 ANO que está paralizada a elaboración de Programas Individuais de Atención, polo que o acceso aos servicios e prestacións recoñecidas NON SE FAI EFECTIVO.
Non queremos máis promesas, Sr. Feijóo, QUEREMOS OS SERVIZOS E PRESTACIÓNS AOS QUE TEMOS DEREITO RECOÑECIDO POR LEI. QUEREMOS RECURSOS E NON PALABRAS. Queremos o que é noso!

 



Today: Marisol is counting on you

Marisol Rodriguez needs your help with “Alberto Núñez Feijóo Presidente da Xunta de Galicia: ESIXIR DE INMEDIATO AS PRESTACIÓNS/ SERVIZOS RECOÑECIDOS”. Join Marisol and 29 supporters today.