ALDEAS LIBRES DE MACROPARQUES EÓLICOS

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!

Aldeas Libres
Aldeas Libres ha firmado esta petición

Moitas aldeas de Ordes e Curtis (A Coruña) están en perigo. Aldeas Libres de Macroéolicos nace da necesidade de parar o macroparque eólico proxectado nas zonas de Ordes e Curtis. Un proxecto que ameaza un territorio cheo de vida cunha gran actividade agraria e gandeira.

 "36 macroeólicos de 200 m no medio das aldeas de Ordes e Mesía” 

36 macroeólicos de 200 metros de altura cada un, 3 subestacións eléctricas e unha liña de alta tensión que atravesaría todo o territorio. 

A versión oficial fala de catro parques diferentes (Solpor, San Bartolomeu, Gasalla e Legre) pero pola súa proximidade e porque os efectos nos afectan no seu conxunto, en realidade conforman un só macroparque en mans de empresas estranxeiras que pagan impostos fóra do noso país.

Fragmentando o proxecto en catro obvianse as consecuencias reais na zona e deste xeito os informes de impacto ambiental emitidos quedan desvirtuados.

O macroparque ubícase dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e tamén no transcurso do Camiño Inglés no seu paso pola comarca de Ordes. Parte do parque situarase nunha zona declarada para formar parte da Rede Natura 2000 coa consideración de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

O Plan Eólico do 2002 recolle que a distancia mínima dos eólicos a respecto das casas debera ser de 500 metros. Esta norma está desfasada e non contempla os cambios técnicos dos aeroxeradores en altura e potencia dos últimos anos. Concretamente os tipo VESTAS V136, macroeólicos que se usarían neste proxecto, miden 200 metros de altura. Deste xeito, os 500 metros fanse claramente insufientes e os efectos negativos sobre as nosas aldeas son maiores.

Enerxías renovables SI, macroeólicos nas aldeas NON

Como sería vivir no medio destes macroeólicos?

RUÍDO. O zumbido insoportable e constante provocado polos aeroxeradores provoca nas persoas problemas cardíacos e alteración no sistema nervioso (estrés crónico, insomnio…). Os infrasóns emitidos polas turbinas tamén afectan negativamente ao gando.
ACCIDENTES. O desprendemento de pezas dos aeroxeradores pode alcanzar vivendas, persoas, animais e granxas. Ademais no inverno as aspas poden acumular xeo e lanzalo a centros de metros de distancia. 
EFECTO DISCOTECA. As sombras das aspas que se proxectan sobre as casas provocan un efecto visual intermitente que é moi molesto e pode ocasionar estrés e alteración do sistema nervioso.
INTERFERENCIAS. O macroparque interfire no correcto funcionamento dos sistemas de telecomunicación (móbil, televisión…), radionavegación aérea e tamén radares.
ROUBO. O espazo forestal e agrario queda dependente do macroparque por 30 anos prorrogables.
PERDA DE VALOR. A existencia dun macroparque devalúa o valor dos terreos e das casas ata un 30%. A herdanza dos nosos avós vese empobrecida.
A PAISAXE. A paisaxe do noso rural, verde, agrario e vivo virarase máis parecido a un polígono industrial. 
RURAL EMPOBRECIDO. A contorna verase afectada negativamente no eido económico coa devaluación do terreo, a vivenda e a degradación do medioambiente. Ninguén quererá vivir aquí e os negocios veranse gravemente afectados. 


Galicia xa produce moita máis enerxía da que consome e este macroparque só nos farán máis pobres. As consecuencias son tan negativas que as nosas aldeas morrerán por mor destes macroeólicos.

Sabemos que a enerxía renovable é o futuro, pero tamén o son as aldeas que son productoas de alimentos e conservadoras activas do medio e da nosa cultura.

Queremos aldeas libres de macroeólicos! Exiximos á Xunta de Galicia que se paralicen estes proxectos, para que as nosas aldeas queden libres de macroeólicos que atentan contra un rural vivo e con futuro!

ASINA E DIFUNDE ESTA PETICIÓN PARA AXUDARNOS A PARAR ESTE ATENTADO ANTES DE QUE ACONTEZA. 

 aldeaslibresdemacroelicos.com