PARALIZA o parque eólico PENA DO CORVO en MONFERO

PARALIZA o parque eólico PENA DO CORVO en MONFERO

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales

PLATAFORMA CONTRA O PARQUE EÓLICO PENA DO CORVO ha iniciado esta petición dirigida a ADMINISTRACIONS PUBLICAS y

¡¡¡FIRMA ESTA PETICIÓN PARA EVITAR A CONSTRUCCIÓN DO PARQUE EÓLICO PENA DO CORVO EN MONFERO!!!

Que firmes e compartas esta petición axudará á sensibilización e difusión desta catástrofe.
Máis o xeito máis efectivo de deter o proceso é o rexistro de alegacións formais:

¡¡¡PRESENTA A TÚA ALEGACIÓN CUBRINDO O MODELO AO QUE PODES ACCEDER CLICKANDO NO SEGUINTE ENLACE: ALEGACIÓNS

Para facelo, só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e adaptalo a túa problemática particular.

Calquera persoa, estea ou non empadroada nun concello dos afectados polo parque eólico, pode presentar a alegación. Esta pódese adaptar a túa situación persoal engadindo o que consideres oportuno. O fundamental é que ten que entrar cada unha por rexistro. UNHA PERSOA, UNHA ALEGACIÓN

INFORMACIÓN DO PROXECTO EÓLICO:

O proxecto do Parque Eólico Pena do Corvo sitúase en Monfero, atravesando o concello dende Caaveiro até o Convento de Monfero. Ten proxectados de momento 13 aeroxeneradores de 200m. de altura dentro dun polígono que delimita o parque.


Dentro do polígono quedarían as parroquias de San Fiz, Vilachá, e Queixeiro. E os seguintes lugares habitados (35): 
Viñas, Vilafaíl, O Castro, A Cabana, Primoi, Valoi, Os Campos, Vite, O Casal de Riba, As Corveiras, A Corveira, O Piñeiro, O Candedo, A Louseira, Nebras, O Cotillón, Casalbito, As Lamelas, A Visura, Rego do Eixo, A Pila da Leña, Montelongo, A Bouza Maior, A Bocha, O Mascoto, Taboada, Pazos, Vilarxestoso, Santo André da Ribeira, Os Gotes, San Xiá de Arca, As Cortizas, O Redondo, As Leguas e O Rodeiro. Tamén están Os Paces e O Coto, do Concello de A Capela.

Quedan tamén numerosas explotacións gandeiras e as súas terras, así como parte do contorno do ZEC/LIC Parque Natural Fragas do Eume, os mosteiros de Caaveiro e Santa María de Monfero, o Camping Fragadeume e parte do espacio da propia Asociación RuralC.

liña de alta tensión AÉREA recorre 45km saindo dunha subestación construída no Campo do Mulo, ten uns 40 metros de ancho, e pasa por baixo das Corveiras, atravesa os prados até a ponte do Piñeiro, cruza até o Muíño do Pancho, segue por Fradiz, pasa por baixo de Goente, e sae do concello polo Seixo cara o Monte Grande. E de aí, atravesa os concellos de Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa y Vilarmaior con estructuras de até 39 metros, para finalmente enterrarse 2 km e chegar ao Mesón do Vento.

¿¿¿Que implica ter propiedades/vivendas dentro do perímetro do parque eólico???


- Rexistro do terreo como parque industrial: cando a promotora, neste caso Iberdrola, obtén o permiso, o primeiro que fai é ir ao Rexistro da Propiedade a rexistrar o perímetro do parque industrial, e a partir de aí perdemos a potestade sobre estas terras, que pasan a ser de utilidade pública coas suas consecuencias, entre elas, a posible expropiación, ou afectacións á PAC.
- Caída de valor (30- 50%) dos activos inmobiliarios afectados polo parque eólico (ata 10 km.), polos infrasonidos e polo impacto visual dos aeroxeneradores.
- Fragmentación do territorio e perda de potestade. A promotora poderá intervir nos terreos (trazar pistas, cortar montes, etc ) que quedan dentro do parque segundo os seus intereses.
- Impacto na economía local, fundamentalmente no sector gandeiro, sector forestal e no turismo.
- Impacto na biodiversidade e no patrimonio.
- Impacto nas augas e nas traídas.
- Impacto na saúde física e emocional.


¿¿¿Que implica ter propiedades no trazado da liña de alta tensión???


- Caída de valor de activos inmobiliarios afectados por infrasonidos e polo impacto visual da liña de alta tensión.
- Fragmentación do territorio e perda de potestade. A promotora poderá intervir nos terreos (trazar pistas, cortar montes, etc ) que quedan dentro da liña de alta tensión (40 metros aproximadamente) según os seus intereses.
- Impacto na saúde física e emocional.
- Impacto na economía local, fundamentalmente no sector gandeiro, sector forestal e no turismo.

¡¡¡MONFERO E TÓDOLOS VECIÑOS E DEMAIS CONCELLOS AFECTADOS CONTAMOS CO VOSO APOIO, MOITAS GRAZAS¡¡¡

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales