Victoria

QUE NON PECHEN A OFICINA DE ABANCA EN PARGA

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 746 firmas!


O peche desta oficina situada na nosa Vila representa a perda dun servizo imprescindible para a poboación. Un servizo imprescindible dadas as características demográficas, sociais e económicas do municipio cunha gran parte da poboación moi avellentada sen capacidade de acceso a outros tipos de banca (tales coma a electrónica) e unha dispersión xeográfica alta que dificulta moito o desprazamento a outras localidades para acceder a estes servizos.

Hoxe por hoxe a sucursal de ABANCA é un dos principais axentes dinamizadores da economía de Parga non só polo servizo que presta a empresas e negocios senón polo efecto vertebrador e beneficioso que indirectamente ten sobre o sector servizos da economía local nomeadamente o comercio, a hostalería ou o transporte, ou mesmo as relacións humanas entre os veciños de diferentes pobos do concello.

O peche da oficina de ABANCA provocará que regular e forzosamente os veciños de Parga teñan que desprazarse a outras localidades para recibir os servizos bancarios o que sen dúbida terá consecuencias moi negativas para o tecido económico local ao que antes aludíamos. Ademais influirá negativamente no mantemento en Parga doutros servizos básicos.

En definitiva a perda deste servizo suporá un paso moi importante para aumentar a espiral de sangría demográfica e declive económico dunha Vila como é Parga.

Os veciños e veciñas de Parga están alarmados e obviamente as persoas que teñen negocios en Parga non son alleos a esta preocupación e ante a alarma social xerada púxeronse man á obra na demanda de evitar o peche.

A veciñanza tamén se puxo mans á obra e xá están a recadar sinaturas contrarias a esta medida que cremos é inxusta e pouco reflexionada.

Preocúpanos que este peche dunha oficina como a de Parga situada un local da súa propiedade, cunha importante carteira de clientes e sen que se saiba, datos económicos negativos que poñan en perigo a súa viabilidade inmediata, obedeza simplemente a unha concepción do territorio allea á realidade do País, que non recoñece a nosa dispersión e que se toma de xeito mecánico, en base ó paradigma “un Concello, unha oficina” sen coñecemento real de cada situación.

É por isto que solicitamos encarecidamente que se revise a decisión do peche da oficina de Parga e se manteña aberta como até o de agora, prestando un importante servizo financeiro, económico e social que veciños e veciñas e en particular os empresarios e pequenos emprendedores de Parga e arredores valoramos positivamente como, de seguro, se pode comprobar atendendo a índices de fidelidade da clientela.



Hoy: afonso cuenta con tu ayuda

afonso losada rodriguez necesita tu ayuda con esta petición «ABANCA CORPORACIÓN : QUE NON PECHEN A OFICINA DE ABANCA EN PARGA». Únete a afonso y 745 personas que ya han firmado.