Por unha candidatura Galega de Unidade

Por unha candidatura Galega de Unidade

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Xosé Mosquera Casero ha iniciado esta petición dirigida a A todas e todos os Galegos

O NOSO TERRITORIO precisa dunha candidatura galega de unidade fronte a situación de excepcionalidade que estamos a sufrir.

PRECISAMOS QUE TODAS AS FORZAS POLÍTICAS, que todo o tecido asociativo, que as súas mulleres e os seus homes, unan os seus esforzos para estar representados politicamente como merecemos, nun momento no que podemos estar ás portas dun NOVO PACTO CONSTITUCIONAL.

QUEREMOS AMOSAR a nosa desconformidade con procesos económicos e con políticas públicas que nos deixan de lado e que non respectan a nosa singularidade, que inciden drasticamente na falla de oportunidades para a nosa sociedade e afectan con especial virulencia á nosa xuventude.

PRECISAMOS FREAR o gravísimo proceso de despoboación do rural, e a incesante sangría de persoas, recursos materiais e humanos que están afectando ás nosas cidades, e ao traballos das mulleres e dos homes do noso país.

CÓMPRE POÑER EN VALOR os nosos recursos naturais, as nosas potencialidades porque facelo é apostar pola cidadanía galega, polas mulleres e polos homes que formamos este gran territorio, recoñecido como comunidade política histórica.

PARA ACADAR ESTES OBXECTIVOS debemos ser tidos en conta na negociación dos Presupostos xerais do Estado, debemos ser tidos en conta nas leis que sexan ditadas, por un Parlamento estatal que debe respectarnos sen pretextos partidistas, sen minifundios ideolóxicos.

NÓS, TODAS E TODOS NÓS, nun momento excepcional como este, debemos estar á altura do noso país, e dende as nosas diferenzas, defender e acadar unha candidatura galega de unidade.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas