Petition Closed
Petitioning Delegación do Goberno na Galiza D. Samuel Jesús Juarez Casado

A Delegación do Goberno ten que condenar a agresión sufrida por un xornalista en Peinador e garantizar o traballo que realizan

193
Supporters

Continuamente estanse a dar denuncias de como xornalistas son agredidos por axentes da Policía Nacional ou non se lles permite traballar mentres están cubrindo todo tipo de noticias. Este feito é especialmente apreciable na cobertura de manifestacións, concentracións ou mobilizacións de todo tipo, máis tamén na realización de traballos do máis rutineiro coma cobertura da chegada dos deportistas olímpicos acontecida o pasado día 13 de Agosto.

En Catalunya incluso se impuxo aos xornalistas que levaran un brazalete para non seren detidos ou agredidos (algo que evitaría agresións a xornalistas máis non aos transeúntes alleos aos feitos perseguidos) por membros dos Corpos e Forzas de Seguridade.

Ademais, as investigacións internas desas agresión non acostuma acabar con sancións aos axentes involucrados e nos casos que hai condenas xudiciais acostuma ir seguidas de indultos.

É evidente que a Delegación do Goberno ten grande responsabilidade como máxima institución responsable dos Corpos de Seguridade do Estado en Galiza e por ese motivo urxe aclarar a detención cunha forza desproporcionada acontencida no día de 13 de agosto contra o xornalista Rafa Estevez mentres cubría a chegada dos deportistas que volvian das Olimpiadas de Londres no aeroporto de Peinador.

Ademais, a Delegación do Goberno ten a obriga de perseguir as actuacións desproporcionadas dos membros dos Corpos de Seguridade, algo que non está facendo, incluso que se xustifican sen que exista unha mínima investigación obxectiva, e a Delegación do Goberno en Galiza ten que aclarar que mecanismos está utilizando para depurar responsabilidades nos abusos policiais en Galiza e condenar as actuacións desproporcionadas.

Letter to
Delegación do Goberno na Galiza D. Samuel Jesús Juarez Casado
Acabo de asinar a seguinte petición solicitando á Delegación do Goberno na Galiza

----------------
A Delegación do Goberno ten que condenar a agresión a un xornalista

Atentamente,