AS PROMESAS QUE LEVA O VENTO... EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ!

AS PROMESAS QUE LEVA O VENTO... EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ!
Por qué es importante esta petición

NON AOS PARQUES EÓLICOS NA SERRA DA GROBA!
- Porque as obras de instalación (pistas, movementos de terra, escavacións, explanacións... ) destrozarán para sempre a paisaxe natural da nosa serra.
- Porque atentan directamente contra a biodiversidade (fauna, flora) e os cursos de auga da Serra da Groba.
- Porque desprezan o noso patrimonio natural, cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico.
- Porque non son alternativa enerxética. Non nos liberarán do consumo de petróleo ou gas.
- Porque forman parte dun Plan Eólico claramente deseñado para favorecer ás grandes empresas a costa da cidadanía e amparado pola Xunta de Galicia coa súa "Lei de Depredación" (Lei 5/2017, de 19/10)
- Porque non é certo que xeren riqueza nas parroquias, nos concellos ou nas comarcas afectadas.
- Porque non é certo que xeren postos de traballo estables nin que axuden a fixar poboación no rural.
- Porque hai alternativas, outras fontes de enerxía e outros modelos enerxéticos, económicos e sociais!
MANIFESTAMOS a nosa absoluta OPOSICIÓN á inxustificable INDUSTRIALIZACIÓN da SERRA DA GROBA mediante a instalación de 44 AEROXERADORES fraudulentamente repartidos en 6 PARQUES EÓLICOS,
DENUNCIAMOS a OPACIDADE do modelo seguido na adxudicación e tramitación dos expedientes así como o APROVEITAMENTO da COVID19 para DIFICULTAR a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e
SOLICITAMOS da XUNTA DE GALICIA a inmediata PARALIZACIÓN dos EXPEDIENTES e a DERROGACIÓN da NORMATIVA que os regula.