BNG - Bloque Nacionalista Galego

1,876 supporters

Started 1 petition

Victory
Petitioning VOX, Santiago Abascal, CRTVG, Junta Electoral Central

Non queremos a VOX no debate da TVG

Desde o BNG queremos manifestar o noso absoluto desacordo coa decisión tomada pola Xunta Electoral da Coruña de considerar a petición de VOX de ser considerado un "grupo político significativo" en Galiza (lembremos que en Galiza ten 0 concelleiros e 0 deputados), unha decisión que permite que un partido de estrema dereita que defende posicións franquistas, racistas, contrarias aos dereitos das mulleres, que quere acabar coas institucións galegas e prohibir os usos oficiais da nosa lingua e que ameaza coa ilegalización das forzas políticas democráticas que, como o BNG, defendemos o dereito das nosas nacións a existir e a decidir, poida ter presenza normalizada nos medios públicos galegos e transmitir no debate da TVG deste venres 8 de novembro -unha canle pública que quere eliminar- a súa mensaxe de odio sen limitacións. No BNG consideramos que a decisión da Xunta Electoral é un disparate en termos estritamente xurídicos, mais o que nos preocupa non é iso, senón o permanente "blanqueamento" que VOX está recibindo por parte da mediática e dos partidos españois, e as consecuencias sociais que iso está a ter. Desde o BNG consideramos que por dignidade democrática, polo noso compromiso coas mulleres e coas persoas homosexuais e coas persoas doutras procedencias e orixes e desde a defensa dos valores democráticos e da convivencia, é necesario mostrarmos como sociedade unha ampla e plural repulsa diante desta cuestión. Asina para que VOX non participe no debate da TVG. #StopVOX

BNG - Bloque Nacionalista Galego
1,876 supporters