Pídelle a "O tempo" da TVG que use tamén o sistema de feiras!
  • Petitioning Redactoras e redactores xefes de informativos da TVG

This petition will be delivered to:

Redactoras e redactores xefes de informativos da TVG

Pídelle a "O tempo" da TVG que use tamén o sistema de feiras!

    1. Jesus Moinhos Pardavila
    2. Petition by

      Jesus Moinhos Pardavila

      Vigo, Spain

En galego temos dous sistemas de denominación dos días da semana:

1- luns, martes, mércores, xoves, venres,

2- segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira.

Sábado e domingo son iguais para ambos os sistemas.

O primeiro sistema unicamente é propio das falas máis orientais: do galego asturiano e parte do norte da provincia de Lugo.

O sistema de feiras aínda é o máis estendido, mesmo a pesar de que, debido á presión do castelán, foi perdendo terreo paulatinamente ao ser substituído polas formas dese idioma. Por iso as formas potenciadas pola normativa oficial son as do galego oriental: para tentar enxertalas nas formas castelás que acabaron co sistema de feiras en grande parte do territorio.

O caso de luns quizais sexa diferente por ser esta a forma maioritaria (aínda que posiblemente tamén sexa explicable pola extensión da forma castelá lunes).

O sistema de feiras está desde sempre recollido nas normas oficiais, redactadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. É dicir, o sistema de feiras é oficial desde 1982. Por outra parte, a pesar de ser o sistema tradicional máis estendido, incomprensiblemente decidimos esquecelo.

Unha excepción foi o web Vieiros, que durante a súa existencia como o medio electrónico en lingua galega máis visitado facía aparecer o nome dos días da semana nos dous sistemas: mércores/ cuarta feira, xoves/quinta feira.

Se coidamos do idioma ou se queremos que a lingua non se distancie da falada desde sempre pola nosa xente, cómpre potenciarmos o uso do sistema de feiras para que non se perda.

Comecemos polo lugar onde máis se empregan os días de semana na televisión: nas predicións metereolóxicas. Pidámoslles aos informativos da TVG que usen, n'O tempo, ao lado do primeiro sistema, tamén o sistema de feiras.

Fagamos sentir ás nosas xentes que a maneira que elas e eles teñen de falar tamén serve para o galego culto. Vamos acabar con este distanciamento absurdo.

Ao asinares, esta carta é enviada automaticamente ao departamento de informativos da TVG.

Recent signatures

    News

    1. Reached 100 signatures

    Supporters

    Reasons for signing

    • Brais Novo Pérez FORT WILLIAM, SPAIN
      • over 1 year ago

      Para que o meu idioma se fale nos medios de comunicación.

      REPORT THIS COMMENT:

    Develop your own tools to win.

    Use the Change.org API to develop your own organizing tools. Find out how to get started.