×
You seem to have had an issue loading this page or you have javascript disabled, which may cause problems while using Change.org. To avoid any further inconvenience, please enable javascript in your browser and refresh this page.
  • Petitioned Delegación do Goberno

This petition was delivered to:

Delegado do Goberno
Delegación do Goberno
Agencia Española de Protección de Datos
AGPD
Defensora del Pueblo
Defensora del Pueblo

Novagalicia Banco ten que retirar as cámaras instaladas nas rúas de Galiza

    1. Petition by

      Dereitos Civís

Novagalicia Banco é unha entidade de crédito onde máis do 90% do seu capital é publico e, polo tanto, o Defensor del Pueblo ten capacidade para investigar as queixas que se presenten contra ela. Esta entidade de crédito é a única que ten unha rede de cámaras de videovixiancia gravando as rúas de Galiza. Estas cámaras semellan ser absolutamente desproporcionadas e parecen estar vulnerando dereitos fundamentais da cidadanía. Como argumentación da queixa presento o informe disponible na seguinte dirección: http://mpdc.blogspot.com.es/2012/08/novagalicia-banco-grava-impunemente-as.html e cuxa introdución é a que sigue:

NGB grava a vá pública cando só está permitido aos Corpos e Forzas de Seguridade
NGB ten sucursais sen aviso de que é zona videovixiada
NGB non permite aos cidadáns exercer o dereito de aceso, rectificación e cancelación
O Responsable de seguridade de NGB ten acceso ás imaxes gravadas a pesar de que a entidade afirma que só poderán ter acceso ás imaxes os Corpos e Forzas de Seguridade e a Xustiza
NGB afirma que ten cámaras instaladas no seu exterior por ser unha entidade de crédito cando ningunha autoridade llo requiriu. É máis, advertiuselle que si as quería instalar deberían cumprir a lei
Unha sucursal con tres cámaras foi asaltada en dúas ocasión en poucos meses.

Nun procedimento xudicial NGB buscou xustificar a instalación de videocámaras nas rúas de Galiza por mor afluencia de perigrinos, o feito de que Santiago sexa a capital de Galiza e, no seu día, o Ano Aanto.Sin embargo NGB ten cámaras instaladas en sucursais de cidade e vilas de todas as províncias gravando permanentemente a pesar de que a utilización de instalación de vídeovixilancia na vía pública resérvase exclusivamente ás Forzas e Corpos de Seguridade pola Lei Orgánica 4/1997.

Ademais, calquera persoa que é gravada por unha cámara de videovixiancia dispón dun dereito denominado dereito de acceso, rectificación e cancelación das imaxes gravadas. Isto débese a que as imaxes captadas polas cámaras seguen sendo un ben da persoa gravada e esta ten que autorizar a súa gravación.

Este é o motivo polo que a Axencia Española de Protección de Datos, a Instrucción 1/2006, no seu artigo 3, esixe aos responsabeis que conten con sistemas de videovixiancia que cumpran có deber de información previsto no artigo 5 da Lei Orgáncia 15/1999. A tal fin deberán: a) Colocar, nas zonas de videovixiadas,a o menos un distintivo informativo ubica nun lugar suficientemente visible, tanto en espazos aberto como pechados.

A mencionada entidade de crédito conta con avisos de zonas videovixiadas na entrada dalgunhas sucursais, noutras non, de que é zona videovixiada máis non están nas fachadas do edificio (para que os viandantes sepan que están sendo gravados), situación que se agrava cando a sucursal ten máis dunha fachada pois os viandantes que circulan por algunha fachada que non sexa a da entrada non gozan de ningún aviso de que están sendo gravados. Ademais o aviso que existe nalgunhas sucursais lembran QUE SE PODE EXERCER O DE DEREITO DE ACCESO, do que xa falamos, na Rúa Nova, 30 (A Coruña).

Non é menos reprochable a actitude da AGPD que puxo grandes trabas para investigar a NGB por non permitir o acceso a imaxes gravadas polas cámaras exteriores das súas sucursais. A un dos solicitantesde acceso ás gravacións que non conseguiu exercer o seu deito, a AGPD esixiu que demostrara que a entidade reicibira a solicitude antes de iniciar ningunha investigación e sin que a entidade alegara a falta de recepción da carta certificada Isto supuxo que o interesado tivera que solicitar e pagar unha certificación de correos de que NGB recibira a solicitude

Sin embargo NGB, ademais de gravar as rúas de Galiza, considera que non ten porque facilitar ese dereito (sobre o que avisa nalgunhas sucursais que se podemos exercer) ás persoas que son gravadas polas cámaras que ten instaladas nos seus edificios. A entidade de crédito considera que, como está obrigado por lei á instalación de cámaras (esa obrigación limitase a cámaras que visionen as súas sucursais, non á vía pública) e as gravacións realizadas polas mesmas, segundo o Regulamento de Seguridade Privada, articulo 120, "... estarán exclusivamente a disposición das autoridades xudiciais e das dependencias das Forzas e Corpos de Seguridade á que facilitarán inmediatamente aquel/as que se refira á comisión do feito delito" non ten porque facilitar o dereito de acceso aos cidadáns que así o soliciten.

O artigo 112 do Reglamento de Seguridade Privada faculta ao Secretario de Estado de Seguridade para supostos supraprovinciais ou ao Delegado do Goberno para esixir ás empresas ou entidades privadas a adopción de todas ou dalgunhas das medidas de seguridade que se enumeran no propio artigo cando as circunstancias concorrentes (localización das instalación, concentración de clientes, volumen de fondos ou valores, etc.) o fagan necesario. Ni o Secretario de Estado ni o Delegado do Goberno esixiu a instalación das cámaras nos exteriores da sucursal de NGB, motivo polo que son cámaras instaladas pola mera vontade da empresa e non por unha obriga legal recollida no mencionado Regulamento sendo, polo tanto, cámaras ás que se lle aplica a normativa ordinaria. E ainda cando as cámaras fosen instaladas en Base o artigo 112 do regulamnto de Seguridade Privada, esta norma, de rango inferior á lei, non pode impedir o dereito de acceso, rectificación ou cancelación das imaxes.

Asimesmo, o citado Reglamento, en canto a medidas de seguridade específicas dispón nos seus artigos 120.1.a) e f), o seguinte:

Nos establecementos ou oficinasde entidades de crédito (NGB ten cámaras na súa Fundación e no Centro de Estudos que non son entidades de crédito) onde se custodien fondos ou valores, deberán ser instalados, na medida que resulte necesaria en cada caso tendo en conta as circunstancias enumeradas no artigo 112 deste reglamento e os criterios que se fixen polo Ministerio de Xustiza e Interior, escoitando á Comisión Central de Seguridade Privada.

Equipos ou sistemas de captación e rexistro, con capacidade para obter as imáxes dos autores de delitos contra as persoas e contra a propiedade, cometidos nos establecementos e oficinas que permitan a posterior identificación de aqueles, e que funcionarán durante o horario de atención ao público, sen que requiran a intervención inmediata dos empregados da entídade.

NGB, ENTIDADE PRIVADA de crédito, capta a nosa imaxe e considera que ten menos obrigas legais que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que están obrigados a facilitar o dereito de acceso, rectificación e cancelación das imaxes. Resulta ainda máis sorpreendente o feito de que NGB non facilite o dereito de acceso aos cidadáns porque, segundo a entidade de crédito, soamente estarán exclusivamente a disposición das autoridades xudiciais e das dependencias das Forzas e Corpos de Seguridade (algo que contrdice claramento os avisos que existe nalgunhas das súas sucursais); máis O RESPONSABLE DA SEGURIDADE DA ENTIDADE TEN ACCESO ÁS IMAXES. Por outro lado, NGB non aclara si as súas cámaras gravan máis alá das horas de oficna como prevé o Regulamento de Seguridade privada.

En relación coa gravación da vía pública a "Agencia Española de Protección de Datos" afirma que:

As videocámaras non poderán captar imaxes das persoas que se encontre fora do establecimento xa que o tratamento de imaxes nos lugares públicos só se pode realizar, salvo que concurra autorización gubernativa, polas Forzas e Corpos de Seguridade. Desde o MpDC afirmamos que NGB non goza de autorización gubernativa para gravar a vía pública, incluso recibiu un oficio da Delegación do Goberno con data 20 de xaneiro de 2009 onde se lle indicaba que a instalación de vídeo cámaras na via pública ou cuxo campo de visión alcance a vía pública por particulares é unha actividade non está permitida e vulnera o disposto na Lei 4/97, de 4 de agosto.
Deberase cumprir co deber de informar aos afectados no modo previsto na Instrucción 1/2006 da AGPD. En concreto, colocar nas zonas videovixiadas ao menos un distintivos ubicad en lugar suficiente visible, tanto en espazos abertos como pechados. NGB dispón de oficinas nas que non consta ningunha sinal de zona videovixiada no seu exterior. Noutras contra cunha pequena sinal na entrada da sucursal que non permite que aquelas persoas que transiten pola rúa, ou xunto á fachada do edificio, de que están sendo gravadas. Incluso hai casos de edificios con varias fachadas nos que non hai ningunha sinal, e outros con dúas fachadas só teñen advertencia na entrada da oficina máis non en ningunha das fachadas

A actitude de NGB supón unha grave perturbación sobre os dereitos dos cidadáns pois, como queda claro, a normativa afirma que debe existir consentimento por parte da persoa gravada para que se proceda á gravación de imaxes. Este consentimento lógrase coa información suficiente de que se está gravando. Nembargante unha cámara que está enfocando á vía pública (algo que só está permitido aos corpos e forzas de seguridade do estado) non permite evitar a gravación a non ser que se cambie de beirarúa. Ademais ás cámaras de NGB son cámaras domo que non se visualizan facilmente e non existe aviso de zona videovixiada nas fachadas das sucursais, polo tanto non hai información suficiente. A pesar de todo isto, é o interesado que debe lograr unha relación de imaxes para demostrar que a cámara existe e enfoca a vía pública (imaxes con zoom e suficientemente claras), remitir unha solicitude certificada de acceso ás imaxes a Caixa Galicia e reclamar a correos unha certificación de que a carta foi entregada para poder reclamar o dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Por outro lado, a instalación de cámaras de videovixianca nas fachadas dos edificios de NGB e absolutamente desproporcionada, a pesar de que é un establecimento de crédito, e vulnera a normativa vixente. Incluso podemos afirmar que as cámaras instaladas non lograron o efecto disuasorio previsto, tal e como se pode comprobar en algún dos exemplos expostos máis abaixo. A desproporcionada instalación de dispositivos na vía pública, medida que soamente realiza NGB en contra da práctica de outros bancos, semelle a unha entrega pola vía dos feitos da vixiancia das vías pública a unha entidade privada cando a mencionada vixiancia é obriga da Delegacións do Goberno.

Enderezo a efectos de notificación
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10
15703 Santiago de Compostela

Recent signatures

    News

    1. Defensor del Pueblo "desentendeuse" da queixa

      Ola compañeiras e compañeiros:

      En relación coa seguinte queixa que asinasteis, o Defensor del Pueblo remitiu algúns escritos solicitando documentación e remitíuselle o 19 de novembro do 2012. posteriormente non realizou máis trámites e reclamouse información sobre o expediente.

      O Defensor del Pueblo contestou que as cartas foron devoltas e arquivou a queixa. Algo que non coincide coa realidade pois eu fun o primeiro asinante e non recibí ningún escrito. A miña compañeira tamén asinou e tampouco recibiu ningún escrito.

      Agradezo que quen se queira prestar a solicitar información directamente ao Defensor del Pueblo pola queixa remita un mail a dc@dereitoscivis.net e se explicará os pasos a dar.

      Moitas Grazas.

    2. Reached 100 signatures

    Supporters

    Reasons for signing

      • about 2 years ago

      porque non as teñen para a miña protección, senon para a deles

      REPORT THIS COMMENT:
    • NELA ABELLA CRUZ RIBEIRA, A CORUñA, SPAIN
      • about 2 years ago

      Quero que Novagalicia Banco deixe de espiarnos. Atenta contra os meus dereitos civís

      REPORT THIS COMMENT:
    • Mª DOLORES ARES TORRES A CORUñA, SPAIN
      • about 2 years ago

      porque es anticonstitucional,aparte de violar la intimidad de los ciudadanos.

      REPORT THIS COMMENT:
    • MARÍA ARMESTO CANGAS, SPAIN
      • about 2 years ago

      Asino e comparto de boa gana.

      REPORT THIS COMMENT:
    • Luis S Seoane S A CORUñA, SPAIN
      • about 2 years ago

      a miña intimidade non ten prezo

      REPORT THIS COMMENT:

    Develop your own tools to win.

    Use the Change.org API to develop your own organizing tools. Find out how to get started.