Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP): Esixímoslle ao Goberno municipal da Coruña que non suba o prezo da auga
  • Petitioned Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP)

This petition was delivered to:

Alcalde da Coruña
Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP)
Portavoz do Goberno municipal
Julio Flores

Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP): Esixímoslle ao Goberno municipal da Coruña que non suba o prezo da auga

    1. Petition by

      Non á suba da auga Non á suba da auga

      Spain

O Goberno municipal do PP no Concello da Coruña aprobou inicialmente as ordenanzas fiscais e de prezos públicos que, entre outras taxas e impostos, incrementan o recibo da auga. Se ficamos parad@s, a auga, un ben de primeirísima necesidade que o PP considera un luxo, será máis cara na Coruña a partir de xaneiro, aumentando máis de 50 euros anuais polo recibo da auga. Trátase dun auténtico roubo e dun saqueo á cidadanía da Coruña.

Unha suba contraria á lei

A lei (Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos) obriga a que as taxas municipais dun servizo prestado polo Concello, como é o caso da auga e o abastecemento, deben cubrir os gastos de explotación pero nada máis. Así, a lei sinala que as taxas pola prestación dun servizo non poderá exceder o coste real do servizo. Pero a realidade é que a cidadanía da Coruña está a pagar máis do que se debería polo custo real do servizo. E isto evidénciase nos espectaculares resultados de Emalcsa.

E como sobe o recibo da auga?

 Os cambios na cota fixa da tarifa a pagar (a cota fixa sobe un 41% e o total con contador un 27%)
 A taxa de 12 euros por dar de alta o servizo (ao que hai que sumarlle a fianza que hai que pagar)
 A suba considerábel do servizo de sumidoiros, que se duplica
 A suba considerábel do servizo de depuración, que aumenta un 460%

A quen lle afecta máis o aumento do prezo da auga?

A taxa de depuración, de sumidoiros e a taxa por dar de alta o servizo sóbelles a todos os usarios e usuarias por igual. O prezo da auga auméntalle máis ao 87% das persoas consumidoras de auga, que son as que antes estaban nun caudal de 1,5 metros cúbicos ou inferior.

Cal é o obxectivo da suba do prezo da auga?

Este roubo do Goberno municipal ao peto da cidadanía ten por obxecto darlle máis beneficios a Emalcsa (a empresa municipal de augas) por conta dos e das subscritoras. E isto, malia os constantes beneficios rexistrados por Emalcsa. Só a través da suba da auga que vai aprobar o PP, Emalcsa sumará aos seus beneficios uns 2 millóns de euros a maiores.

Cos beneficios de Emalcsa finánciase parte do propio orzamento do Concello e outros servizos e contratacións externalizadas que escapan ao control municipal do Pleno e dos grupos municipais. É o caso de proxectos dos que non temos apenas información, como Smart City (11 millóns de euros) ou Coruña Futura (900.000 euros).

To:
Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), Alcalde da Coruña
Julio Flores, Portavoz do Goberno municipal
Esixímoslle ao Goberno municipal da Coruña que non suba o prezo da auga.

Sincerely,
[Your name]

Recent signatures

    News

    1. Reached 200 signatures

    Supporters

    Reasons for signing

    • JUAN JOSE SALGADO A CORUñA, SPAIN
      • over 1 year ago

      con la que esta cayendo y ademas es una empresa que da beneficios la suba es irracional

      REPORT THIS COMMENT:
    • Rubén Afonso Lobato A CORUñA, SPAIN
      • almost 2 years ago

      porque é un roubo descarado á cidadanía, porque non se pode gobernar para as empresas, hai que gobernar para as persoas

      REPORT THIS COMMENT:
    • anton amil A CORUñA, SPAIN
      • almost 2 years ago

      Con tantos impostos aos de sempre, á clase traballadora, non só nos matan de fame senón que tamén de SEDE. dÉIXENNOS VIVIR DIGNAMENTE QUE É O ÚNICO QUE NOS QUEDA CON TANTOS RECORTES E TANTOS IMPOSTOS INXUSTOS

      REPORT THIS COMMENT:
    • Isabel González Longo A CORUÑA, SPAIN
      • almost 2 years ago

      Me parece que con la precariedad en la que viven la mayoría de las familias, es un atropello y no tener la minima consideración.

      REPORT THIS COMMENT:
      • almost 2 years ago

      non é de xustiza social que se incremente o prezo dunha necesidade básica para toda a Sociedade NUNCA e menos na actual situación económica que padecemos a maioria social. Esta inxustiza cobra maior intensidade si por riba temos en conta os cuantiosos beneficios da empresa que o xestiona. Sr, Negreira aplíquese o sentido común si é que o ten, Vds. non é o Álcande de algúns é o Alcalde de todas/os, ten a obriga de pensar nas necesidades da cidadania para a que Goberna.

      REPORT THIS COMMENT:

    Develop your own tools to win.

    Use the Change.org API to develop your own organizing tools. Find out how to get started.