Non "ilegalices" as actividades sociais na vía pública
  • Petitioned Ángel Currás Fernández

This petition was delivered to:

Alcalde de Compostela
Ángel Currás Fernández
Valedor do Pobo
José Julio Fernández Rodríguez
Organizador
Movemento polos Dereitos Civís

Non "ilegalices" as actividades sociais na vía pública

    1. Petition by

      Dereitos Civís

As organizacións culturais, sindicais, xuvenís... veñen realizando actividades na vía pública como concertos, manifestacións, concentracións, recollida de sinaturas.... Actividades que entran dentro de dereitos fundamentais como o dereito á reunión, liberdade de expresión, cultura, etc... e polo tanto gozan de protección constitucional e non poden ser prohibidos.

O Concello do Partido Popular ven de aprobar unha ordenanza que conseguirá, na práctica, impedir estes dereitos á maior parte da cidadanía do Concello de Compostela. Por medio de taxas para REALIZA A SOLICITUDE, taxas para COLOCAR UNHA MESA NA VÍA PÚBLICA coa que recoller sinaturas, taxas para PODER INSTALAR UNHA MEGAFONÍA coa que ler un comunicado as organizacións non poderán exercer ese dereitos fundamentais ao non dispoñer de capacidade económica para facer fronte ás mencionadas taxas. Ademais o Concello pedirá fianzas (algo que xa ven facendo de forma ilegal) que poden chegar a ser desorbitadas como as de responsabilidade civil. Neste momento o Concello xa pide, de forma ilegal, fianzas de 600€ para a colocación dunha pancarta e 400€ para exhibir unha película ao ar libre. Por último, e se os medios económicos non foran suficientes para disuadir a calquera organización de realizar algunha actividade na vía pública de Compostela, os permisos outorgaranse en precario, podendo o Concello anulalo en calquera momento.

En resumo, si unha organización xuvenil quere organizar unha concentración con recollida de sinaturas na vía pública terá que pagar unha taxa por solicitar o permiso no concello, outra taxa para a colocación da mesa ou calquera soporte divulgativo, outra taxas por enchufar o equipo de son co que ler o manifesto na concentración; ademais deberá aboar unha fianza discrecional por parte do Concello. Si consigue facerse cos medios económicos necesarios para cumprir con todos os requisitos descritos, ademais de realizar todas os trámites formais de forma correcta e que o Concello conteste (sendo habitual que non conteste) conseguirá unha autorización EN PRECARIO que poderá ser anulada en calquera momento polo Concello.

É evidente que a ordenanza ten obxectivo de fondo de limitar os dereitos fundamentais antes mencionados e polo tanto non pode ser aplicada.

Enderezo a efectos de notificación

Movemento polos Dereitos Civís

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10

15703 Santiago de Compostela.

Recent signatures

    News

    1. Reached 500 signatures

    Supporters

    Reasons for signing

    • aurora lópez cid OURENSE, UNITED STATES
      • over 2 years ago

      penso que as actividades de rua son importantes para dinamizar os espazos

      REPORT THIS COMMENT:
    • Luciano Romero Mosconi SANTIAGO DE COMPOSTELA, SPAIN
      • over 2 years ago

      porque é de xustiza

      REPORT THIS COMMENT:
    • carmen raso periz HUESCA, SPAIN
      • over 2 years ago

      Porque no quiero involucionar otra vez hacia la plena dictadura franquista que ya viví.

      REPORT THIS COMMENT:
    • Rexina Basadre SADA, AL
      • over 2 years ago

      A rúa non hai que pedila, hai que tomala, é un dereito constitucional da democracia.

      REPORT THIS COMMENT:
    • serafin novo rodriguez RáBADE, SPAIN
      • over 2 years ago

      porque o poder de unhos poucos non pode anular os direitos dunha mairia

      REPORT THIS COMMENT:

    Develop your own tools to win.

    Use the Change.org API to develop your own organizing tools. Find out how to get started.