PETICIÓN CERRADA

  • El plazo para firmar esta petición ha finalizado
Denuncia contra o derribo da fábrica de Lápis
  1. Firmas
    34 de 200
    Pidiendo a
    1. AO FISCAL XEFE DOS XULGADOS DE FERROL.
AO FISCAL XEFE DOS XULGADOS DE FERROL. D. ......................................................................., con DNI número ............................... e enderezo postal a efectos de notificación en ............................................................................, por medio deste escrito pon en coñecemento da Fiscalía unha relación de feitos, que esta parte considera poderan ser constitutivos dun delicto contra o patrimonio histórico, tipificados nos arts 321 e ss do Código Penal. E todo esto en base aos seguintes Feitos e Fundamentos de Dereito: PRIMEIRO O Barrio de Ferrol Vello está declarado Ben de Interese Cultural, con categoría de Conxunto Histórico, por resolución do Consello da Xunta de Galicia do día 10 de febreiro de 2011, publicada no DOG o 3 de marzo de 2011 e no BOE o 30 de marzo de 2011. Dentro da zona afectada pola declaración do ben atópase a parcela e edificación da Antiga Fábrica de Lápis, situada na Estrada Alta do Porto, esquina Baterías, no Concello de Ferrol. De feito, a definición do ámbito dos bens afectados pola declaración detalla Tramo 4-5: atravesando a estrada cara á batería de San Xoán, o tramo continúa rodeándoa cara ao noroeste ata a confluencia da estrada Alta coa rúa Baluarte, cruza a rúa, segue o linde norte da fábrica do Lápis-Hispania, deixando esta dentro do contorno de protección; continúa cara ao sur pola rúa Baterías ata o cruzamento coa rúa Alonso López; neste cruce sitúase o punto 5. SEGUNDO A sentenza 285/2009 do Xulgado Contencioso-administrativo Único de Ferrol, firme polo Auto do 17.06.2011 do TSXG, concede licencia de derrubo da Antiga Fábrica de Lápis por silencio administrativo con data 30.06.2008 e coas condicións establecidas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 01.02.2007. TERCEIRO A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece, no seu artigo 45.1, a necesidade de redactar un plan especial de protección da área afectada pola declaración dun conxunto histórico. Artigo 45. Conxuntos históricos. Planeamento. 1.- A declaración dun conxunto histórico determinará a obriga para o Concello no que se atope de redactar un plan especial de protección da área afectada. A aprobación definitiva deste plan requirirá o informe favorable da Consellería de Cultura, que se entenderá positivo transcorridos tres meses desde a súa presentación. CUARTO A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo establece no seu artigo 47. Autorización de obras que 1.- En tanto non se aprobe definitivamente a normativa urbanística de protección á que se fai referencia no artigo 45.1 da presente lei, a concesión de licencias ou a execución das xa outorgadas antes da declaración de conxunto histórico precisará resolución favorable da Consellería de Cultura. Non se admitirán modificacións nas aliñacións e rasantes existentes, incrementos ou alteracións do volume, parcelacións nin agregacións e, en xeral, cambios que afecten a harmonía do conxunto. Dende o noso punto de vista, este artigo da Lei impide á Consellería de Cultura, autorizar a execución dunha licencia de demolición xa outorgada en data (30.06.2008), anterior á data de declaración de B.I.C., en virtude do artigo 47.1 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia xa citada, ao supor a demolición do inmoble unha obvia alteración de volume e un cambio que afecta á harmonía do conxunto. QUINTO O pasado 30 de Novembro de 2011, o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña, dictou unha resolución relativa á solicitude de autorización para execución de sentencia de demolición da Antiga Fábrica de Lápis, que segundo a propia resolución, basease no informe-proposta da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña en relación ao punto 14 do Orde do Día da xuntanza do 16 de novembro de 2011 no que se considera que As obras cuxa autorización se solicita localízanse dentro do ámbito de protección do Baluarte de S. Xoán ou Batería de s. Xoán, ficha C-15, do Catálogo do PXOM de Ferrol e BIC coa categoría de Monumento, en virtude do establecido no Decreto de 22 de abril de 1949, e na DA segunda da Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.; así como tamén dentro do ámbito de protección do Barrio de Ferrol Vello, ficha coa Referencia E3, Castro de Ferrol Vello A-19. Nin o informe proposta nin a resolución citados fan referencia ao feito de que a Antiga Fábrica de Lápis se atopa dentro dos bens afectados pola declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural con categoría de Conxunto Histórico, ignorando así unha determinación que, de terse considerado, impediría outorgar a licencia de demolición. Por todo o anteriormente exposto, solicitamos: PRIMEIRO A paralización inmediata das obras de derribo que se están a executar na parcela, por canto a súa continuación supón un dano irreparable ao patrimonio cultural contido no ámbito afectado polo ben de interese cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello, afectando negativamente aos seus valores. SEGUNDO Requerir á Consellería competente da Xunta de Galicia o expediente de Declaración de Ben de Interese Cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello. TERCEIRO Incorporar aos autos o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello. En Ferrol, a de Xaneiro de 2012 Asdo.
Firmas recientes

DENUNCIA CONTRA O DERRIBO DA FÁBRICA DE LAPÍS

Greetings,

AO FISCAL XEFE DOS XULGADOS DE FERROL.

D. ......................................................................., con DNI número ............................... e enderezo postal a efectos de notificación en ............................................................................, por medio deste escrito pon en coñecemento da Fiscalía unha relación de feitos, que esta parte considera poderan ser constitutivos dun delicto contra o patrimonio histórico, tipificados nos arts 321 e ss do Código Penal. E todo esto en base aos seguintes Feitos e Fundamentos de Dereito:

PRIMEIRO
O Barrio de Ferrol Vello está declarado Ben de Interese Cultural, con categoría de Conxunto Histórico, por resolución do Consello da Xunta de Galicia do día 10 de febreiro de 2011, publicada no DOG o 3 de marzo de 2011 e no BOE o 30 de marzo de 2011.
Dentro da zona afectada pola declaración do ben atópase a parcela e edificación da Antiga Fábrica de Lápis, situada na Estrada Alta do Porto, esquina Baterías, no Concello de Ferrol. De feito, a definición do ámbito dos bens afectados pola declaración detalla
Tramo 4-5: atravesando a estrada cara á batería de San Xoán, o tramo continúa rodeándoa cara ao noroeste ata a confluencia da estrada Alta coa rúa Baluarte, cruza a rúa, segue o linde norte da fábrica do Lápis-Hispania, deixando esta dentro do contorno de protección; continúa cara ao sur pola rúa Baterías ata o cruzamento coa rúa Alonso López; neste cruce sitúase o punto 5.

SEGUNDO

A sentenza 285/2009 do Xulgado Contencioso-administrativo Único de Ferrol, firme polo Auto do 17.06.2011 do TSXG, concede licencia de derrubo da Antiga Fábrica de Lápis por silencio administrativo con data 30.06.2008 e coas condicións establecidas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 01.02.2007.

TERCEIRO

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece, no seu artigo 45.1, a necesidade de redactar un plan especial de protección da área afectada pola declaración dun conxunto histórico.
Artigo 45. Conxuntos históricos. Planeamento.
1.- A declaración dun conxunto histórico determinará a obriga para o Concello no que se atope de redactar un plan especial de protección da área afectada. A aprobación definitiva deste plan requirirá o informe favorable da Consellería de Cultura, que se entenderá positivo transcorridos tres meses desde a súa presentación.

CUARTO

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo establece no seu artigo 47. Autorización de obras que
1.- En tanto non se aprobe definitivamente a normativa urbanística de protección á que se fai referencia no artigo 45.1 da presente lei, a concesión de licencias ou a execución das xa outorgadas antes da declaración de conxunto histórico precisará resolución favorable da Consellería de Cultura. Non se admitirán modificacións nas aliñacións e rasantes existentes, incrementos ou alteracións do volume, parcelacións nin agregacións e, en xeral, cambios que afecten a harmonía do conxunto.
Dende o noso punto de vista, este artigo da Lei impide á Consellería de Cultura, autorizar a execución dunha licencia de demolición xa outorgada en data (30.06.2008), anterior á data de declaración de B.I.C., en virtude do artigo 47.1 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia xa citada, ao supor a demolición do inmoble unha obvia alteración de volume e un cambio que afecta á harmonía do conxunto.

QUINTO

O pasado 30 de Novembro de 2011, o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña, dictou unha resolución relativa á solicitude de autorización para execución de sentencia de demolición da Antiga Fábrica de Lápis, que segundo a propia resolución, basease no informe-proposta da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña en relación ao punto 14 do Orde do Día da xuntanza do 16 de novembro de 2011 no que se considera que
As obras cuxa autorización se solicita localízanse dentro do ámbito de protección do Baluarte de S. Xoán ou Batería de s. Xoán, ficha C-15, do Catálogo do PXOM de Ferrol e BIC coa categoría de Monumento, en virtude do establecido no Decreto de 22 de abril de 1949, e na DA segunda da Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.; así como tamén dentro do ámbito de protección do Barrio de Ferrol Vello, ficha coa Referencia E3, Castro de Ferrol Vello A-19.
Nin o informe proposta nin a resolución citados fan referencia ao feito de que a Antiga Fábrica de Lápis se atopa dentro dos bens afectados pola declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural con categoría de Conxunto Histórico, ignorando así unha determinación que, de terse considerado, impediría outorgar a licencia de demolición.

Por todo o anteriormente exposto, solicitamos:

PRIMEIRO
A paralización inmediata das obras de derribo que se están a executar na parcela, por canto a súa continuación supón un dano irreparable ao patrimonio cultural contido no ámbito afectado polo ben de interese cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello, afectando negativamente aos seus valores.

SEGUNDO

Requerir á Consellería competente da Xunta de Galicia o expediente de Declaración de Ben de Interese Cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello.

TERCEIRO

Incorporar aos autos o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural, con categoría de Casco Histórico, do Barrio de Ferrol Vello.

En Ferrol, a de Xaneiro de 2012

Asdo.

[Your name]